|
Este servizo ten como obxectivo a promoción e adopción de medidas encamiñadas á consecución da igualdade efectiva das mulleres e dos homes, removendo os obstáculos que impidan a participación e a integración da muller na vida social, cultural, educativa, económica e política.
O centro proporciona asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade das mulleres que de forma individualizada ó soliciten. Así mesmo, este centro de información proporciona información e asesoramento en materia de igualdade de oportunidades ós grupos de mulleres que de forma colectiva o demanden.
1. Funcións
-
Información e asesoramento xurídico.
-
Atención psicolóxica.
-
Información sobre os recursos dispoñibles no seu ámbito territorial.
-
Difusión e sensibilización cidadá acerca da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes.
-
Funcionamento como canle de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos que tiveran competencias en materia de muller.
-
Información sobre cursos, estudos e xornadas en materia de igualdade de oportunidades e, en especial, difundindo as actividades e servizos desenvolvidos polo Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.
-
Realización de conferencias, encontros, xornadas, cursos sobre temas de especial importancia na consecución do principio de igualdade.
-
Atención específica a mulleres vítimas da violencia de xénero, poñendo a súa disposición, facilitando ou informando sobre o acceso ós recursos existentes na Comunidade, a través da xestión urxente cos servizos policiais, sanitarios, psicolóxicos, xudiciais e sociais que fosen oportunos.
-
Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e os medios de comunicación e traslado destas ó órgano competente.
-
Fomento do asociacionismo e da participación das mulleres na sociedade civil.
-
Calquera outra actividade que se adecúe ó obxectivo prioritario da consecución da igualdade.
2. Áreas de asesoramento
O servizo ofrece asesoramento legal nas seguintes áreas:
-
Área xurídica
-
Dereito de familia
-
Dereito civil, fiscal, administrativo, penal e laboral
-
Seguridade social
-
Xustiza gratuíta
-
Área de emprego e orientación profesional
-
Área de recursos
3. Actividades e cursos
4. Horarios
Luns e martes: de 9:00 a 11:00 e de 16:00 a 19:00
Xoves: de 11:30 a 14:30 e de 16:00 a 18:00
Mércores e venres: de 9:00 a 14:30
Asesoramento xurídico:
Lúns e martes de 16:00 a 19:00
Xoves de 16:00 a 18:00
Mércores e venres de 10:00 a 14:00
Atención psicolóxica:
Luns e martes de 11:00 a 13:00
Xoves de 9:00 a 11:00
5. Contacto
Rosa Fuentes, Directora do Servizo e Asesoramento Xurídico
Azucena Antelo, Atención Psicolóxica
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
|