Concello de Negreira

Aumentar tamaño  Disminuir tamaño  Tamaño por defecto  Mapa WEB  Contactar  Galego Castellano 

Noite Folk 2009 Imprimir E-Mail

cartelnoitefolk2

  NEGREIRA sábado 22 de agosto

  Praza do Concello

  PROGRAMA:

  18:00 h. XOGOS POPULARES
  19:00 h. OBRADOIRO DE BAILE GALEGO
  20:00 h. PASACALLES GRUPOS DE GAITAS

  22:00 h. ACTUACIÓN GRUPOS FOLK

  FIANDOLA (MOAÑA)

  PÉSDELÁN (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

  ARDENTÍA (VIGO)

  NOTA: HABERÁ UNHA PULPERÍA NO CAMPO DA FESTA

pdf Cartel Noite Folk 2009

PÉSDELÁN:

O grupo está formado por Guadi Galego (ex Berrogüetto), Uxía Cribeiro, Montse Rivera (Leilía), Mercedes Prieto, Xan Pampín, Carlos Freire e Miguel Flores. É un concerto "interactivo", no que ensinan danzas galegas e portuguesas. Disposto a recuperar a cultura participativa das festas, este curioso grupo de músicos pretende non descansar ata poñernos a todos a bailar.

"Aínda que moitos de vos non movérades nunca un pé, iso non é un problema: o que facemos é ir aprendendo dunha forma divertida os pasos de baile de cada un dos temas, para despois bailalos todos xuntos."  O repertorio de Pesdelán abrande temas tradicionais galegos e portugueses, arrancados dun xeito divertido e orixinal.

http://www.myspace.com/pesdelan

FIANDOLA:

A música tradicional galega é a base desde o que o grupo de folk Fiandola fai as súas propias composicións. O "ailalelo", a gaita, a "retranca"... son os compoñentes fundamentais dunha música tradicional que era tocada nos días de festa por músicos profesionais, ou ben polas mulleres mentres ian a lavar ó río ou a facer as tareas da casa. Participaron nos mellores festivais nacionais demostrando a súa calidade e preocupación por esta música.

http://www.ghastaspista.com/fiandola.php

ARDENTIA:

Este Grupo de música Folk Vigués con gran traxectoria (catro Discos no mercado) e formado por recoñecidos instrumentistas, chega a Negreira outra vez despois de actuar na primeira edición da Noite Folk alá polo ano 2003. É xa un referente da música tradicional e os seus concertos cheos de cancións populares e de pezas recuperadas do noso folclore, convírteos nun referente en Galicia.

http://www.ghastaspista.com/ardentia.php

 

 
< Anterior   Seguinte >
banner
banner
banner
 
© 2010 Concello de Negreira. Rúa do Carmen 3 Telf: 981 885 250 - 981 885 550 Fax: 981 885 328 Contacta
Simplifica Our site is valid XHTML 1.0 Transitional