|
Na 1ª Carreira (INFANTÍS-CADETES-XUVENÍS): Haberá Trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoria tanto en homes como en mulleres, tamén haberá trofeos para os tres primeiros clasificados locais en cada categoría masculina e feminina. Todos os participantes obterán unha camiseta JOMA de regalo.
Na 2ª Carreira (BENXAMÍN-ALEVÍN): Todos os participantes recibirán unha medaia, camisetas JOMA e agasallos.
Na 3ª Carreira (XUNIOR-PROMESA-SENIOR-VETERANOS E SUPERVETERANOS): Haberá Trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoria tanto en homes como en mulleres. Os 7 primeiros homes clasificados na xeral tamén obterán trofeos, así como as 7 primeiras mulleres na xeral.
Os primeiros clasificados en homes como en mulleres obterán un agasallo da marca deportiva JOMA.
Todos os participantes que cheguen á meta, recibirán unha camiseta de regalo.
Trofeo á corredora de maior idade participante na 3ª carreira que consiga chegar á meta dentro do tempo límite.
Trofeo ó corredor de maior idade participante na 3ª carreira que consiga chegar á meta dentro do tempo límite.
Suvencións: Os equipos cunha participación minima de 20 atletas, 3 Euros por participante que chegue á meta.
As Asociacións Culturais - Parroquiais e Asociacións de Veciños do Concello de Negreira con 2 Euros por participante que chege á meta (mínimo 20 participantes).
Na clasificación por equipos puntuarán os 10 primeiros de cada equipo, dándolle 1 punto o 1º, 2 puntos o 2ª, etc….., o equipo que menos puntos teña será o vencedor. O empate resolverase según o disposto no regulamento da IAFA. Para poder optar ó premio os equipos federados, no momento da inscrición, deberase presentar o certificado da federación, acreditando os membros do equipo.
As clasificacions e fotografías, publicaránse en diferentes medios de comunicación da provincia así como en revistas especializadas e páxinas de Internet como:
http://www.atletismogalego.org/
http://www.carreraspopulares.com/
http://www.fotoatletismo.com/
http://www.concellodenegreira.es/
Unha vez rematada a 3ª carreira, a entrega de premios será no Parque do Coto (nas proximidades da liña de meta), en torno as 13:30 h.
As posibles reclamacions serán presentadas ante o Comité de Competición, quen resolverá con arranxo ó regulamento citado anteriormente.
Primeira: A organización reservase a potestade de cambiar os percorridos definidos, modificar o regulamento, circunstancias que serán comunicadas ós participantes.
Segunda: Ningún atleta federado poderá competir con outro Clube que non sexa o que figure na súa licencia correspondente. En caso de que se producira esta situación, o atleta será descalificado automáticamente.
Terceira: A organización do Circuito declina toda a responsabilidade dos danos que os atletas puideran ocasionar, ocasionarse ou derivasen da participación destos nas probas. Todos os atletas inscritos nas probas darán por aceptado o presente Regulamento e en caso de dúbida, sempre prevalecerá o criterio da Organización.
COMITÉ ORGANIZADOR: Concello de Negreira
COMITÉ DE COMPETICIÓN: Federación Española de Atletismo e Federación Galega de Atletismo
- PERCORRIDOS -
|