| Hoxe | Mañá | ||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||
| Vivora e Porcona, pregoeiras do Entroido 2010 |
|
|
|
Este dueto humorístico formano a santiaguesa Patricia Vázquez García «Porcona», dedicada ó teatro profesional, sendo unha grande coñecida de series de ficción da TVG como: Mareas Vivas, Pratos Combinados, e na actualidad eco seu papel de Lidia na serie Padre Casares. E doutro lado temos a un estradense chamado José Manuel Rodríguez Puente «Vívora», máis coñecido artísticamente por «Isi», quen saltou á fama tras gañar o concurso televisivo «O Rei da comedia», sendo un habitual de espazos de humor, series e programas de variedades da Galega (Acompañenos, Luar, etc…). Máis variedade O venres 12 pola noite, haberá un concurso de disfraces individual e por parexas coa actuación do grupo musical Tekila. Premios: 200, 100 e 50 euros. O sábado 13, despois do desfile que rematará á altura da praza do Concello (rúa da Cachurra), gran baile amenizado polo grupo Triunfo, e posterior fallo do xurado e entrega de premios do concurso de carrozas e comparsas. O domingo 14, pola tarde no restaurante Tamara, baile de disfraces dos maiores de Negreira e comarca. O primeiro premio consistirá nun fin de semana nun Parador de Galicia. O luns 15, pola tarde no novo auditorio do Centro Sociocultural da vila, concurso e baile de disfraces infantil. |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|