|
27/01/10. O alcalde de Negreira, Jorge Tuñas, inaugurou hoxe os traballos de remodelación e adaptación realizados no campo da feira, e que na súa segunda fase supuseron un investimento de 210.417 euros aportados polas Consellerías de Presidencia e Industria, da Xunta de Galicia.
Acompañado por membros do goberno municipal, representantes do Partido Popular e mailo Partido Independente, así como un bo número de veciños e veciñas de Negreira, entre eles moitos pequenos que disfrutaron do novo parque infantil levantado no fondo da chaira feiral, preto do regato que baixa pola Restreva, o alcalde foi o encargado de descubrir unha placa conmemorativa das melloras realizadas neste recinto municipal.
Jorge Tuñas agradeceu as achegas económicas que fixeron posible estas melloras, e sinalou que na medida en que poidan chegar novas subvencións «tentaremos seguir mellorando en sucesivos anos este importante espazo público da parte baixa da vila», segundo comentou Jorge Tuñas.
O acto inaugural, o primeiro do rexedor dende que accedeu á Alcaldía en setembro do pasado ano, rematou cunha pequena degustación de tódolos asistentes.
|