Concello de Negreira

Aumentar tamaño  Disminuir tamaño  Tamaño por defecto  Mapa WEB  Contactar  Galego Castellano 

Adeus á televisión analóxica en Negreira Imprimir E-Mail

Image
01/02/10. Este luns rematou o apagado do sinal analóxico de televisión da práctica totalidade da provincia da Coruña e de toda a provincia de Ourense que incorpora á televisión dixital a un total dun millón e medio de persoas.

Os ceses producíronse hoxe en núcleos principais de poboación como as cidades da Coruña, Ferrol, Santiago e Ourense, polo que afectou a un total de 95 concellos, entre eles o de Negreira, e aos centros emisores principais, como os do Monte Pedroso (Santiago), o de  Meda (Ourense) e o de Bailadora (Ares).

Os números de información e atención ao cidadán da Xunta de Galicia, son o 012 e o 981 572 154, da Oficina Técnica da TDT en Galicia para atender as chamadas daqueles cidadáns que teñan problemas para sintonizar os seus receptores e antenas da TDT.

 
< Anterior   Seguinte >
banner
banner
banner
 
© 2010 Concello de Negreira. Rúa do Carmen 3 Telf: 981 885 250 - 981 885 550 Fax: 981 885 328 Contacta
Simplifica Our site is valid XHTML 1.0 Transitional