|
Melloras nos accesos a Logrosa |
|
|
|
04/02/10. O Concello traballa nestes días na mellora da seguridade vial no principal acceso ó núcleo de Logrosa, a través da estrada municipal que parte dende o alto da Chancela.
O proxecto incluido nas anualidades 2009 e 2010 do Plan de Obras e Servizos (POS), da Deputación Provincial de A Coruña, consiste na construcción dunha beirarrúa na marxe esquerda en dirección a Logrosa, dun metro de ancho, e a instalación das tubaxes para a recollida de augas pluviais da estrada.
Nunha segunda fase programada na anualidade do POS 2010, o Concello centrarase en ampliar a calzada todo o posible na marxe contraria, debido á coñecida estreitez do vial.
|