Concello de Negreira

Aumentar tamaño  Disminuir tamaño  Tamaño por defecto  Mapa WEB  Contactar  Galego Castellano 

Éxito dos karatecas locais no Campionato galego celebrado en Negreira Imprimir E-Mail

Image
08/02/10. O Campionato galego absoluto de Karate cebrado o pasado sábado no pavillón polideportivo de Pedra Mámoa congregou a  numerosas persoas chegadas de toda Galicia, pero o máis importante foi o éxito acadado polos nosos karatecas:
 
Xoan Daniel Garcia Fuentes - Campion galego na modalidade de kata.

Cristy Tojo Velasco - Campiona galega na modalidade de kumite ou combate (Open femenino).

Juan Antonio Berrayarza Lanzó - Subcampión galego na modalidade de kumite ou combate, dentro da categoría masculina para máis de 84 kilos.

Tamén cabe destacar o titulo de subcampiona galega na modalidade de kumite (Open femenino), de Carla Fernández Vázquez, que aínda pertencendo ó Squash Clube de Santiago, participou coma representante do Clube de karate O Coto, de Negreira.

Os responsables do Coto expresaron a súa satisfacción polos resultados obtidos na casa. Dos cinco representantes, acadaronse
dous campions e outros dous subcampións galegos. Os catro están convocados á preseleccion para o Campionato de España que se celebrará (a preseleccion) o vindeiro dia 13 de febreiro ou ben en A Coruña, ou ben aqui en Negreira, xa que aínda non se sabe.

Desta preselección sairán os componentes da selección galega que participará no Campionato de España, a disputarse na localidade catalana de Salou (Tarragona), os dias 20 e 21 de marzo.

pdf Resultados 2010

 
< Anterior   Seguinte >
banner
banner
banner
 
© 2010 Concello de Negreira. Rúa do Carmen 3 Telf: 981 885 250 - 981 885 550 Fax: 981 885 328 Contacta
Simplifica Our site is valid XHTML 1.0 Transitional