| Hoxe | Mañá | ||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||
| Volunariado Xacobeo 2010 |
|
|
|
![]() Faráse en colaboración con Xacobeo, mediante un posto de información fixo na propia vila de Negreira, pero tamén con voluntarios de información móbil ao pé do Camiño, e acompañamento de grupos, así como o denominado Voluntariado da sebedoria, neste caso destinado a maiores de 65 anos que conten as súas experiencias e vivencias nas nosas terras.
As datas de realización desta actividade serán durante a próxima Semana Santa, do 29 de marzo ao 4 de abril, e dende Semana Santa, os sábados e domingos. Entre os requisitos para ser voluntario do Xacobeo é necesario que teñan máis de 18 anos, coñecemento da zona, e obter a cualificación de apto nos cursos de formación de 30 horas –en liña-, con 8 horas semanais de titoría. Hai que decir que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, asumirá os gastos correspondentes ao desprazamento e manutención dos voluntarios, a razón de 12 euros por persoa e día. As persoas interesadas poden inscribirse a través da web: www.voluntariadogalego.org, ou no número de teléfono: 900 400 800, en horario de 8 a 20 horas, e de luns a venres. |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|