Concello de Negreira

Aumentar tamaño  Disminuir tamaño  Tamaño por defecto  Mapa WEB  Contactar  Galego Castellano 

Recoñecemento para o colexio do Coto Imprimir E-Mail

05/03/10. Fran Oreiro Camaño, o escolar de 11 anos de idade que estuda no colexio do Coto, recibiu hoxe un diploma acreditativo en recoñecemento por selo gañador do concurso levado a cabo polo Plan de Prevención de Drogodependencias entre os concellos de Negreira, Brión e Ames, e no que participaron 528 alumnos dun total de seis colexios de Infantil e Primaria, e que cursan estudos de quinto e sexto de Primaria.

Fran recibiu este diploma de mans do alcalde negreirés, Jorge Tuñas Caamaño, no acto celebrado no ximnasio do Coto, e ao que tamén asistiron as concelleiras de Xuventude e Educación de Brión e Ames, Patricia Vázquez e Patricia Conde, respeitivamente, ademais das concelleiras María Xesús Veiga e María Dolores Moares, xunto co concelleiro de Deportes, Antonio Suárez Pérez, a traballadora social, Marta Capeáns, e mailo director do centro educativo, Manuel Sanmartín.

A ocasión foi aproveitada para entregarlle o premio que lle corresponde ao colexio, consistente en camisetas para os alumnos de quinto e sexto participantes no concurso, ademáis dunha serie de balóns a modo de material deportivo.

O alcalde, Jorge Tuñas, salientou a importancia de traballar na prevención das drogas, animando aos escolares a seguir esforzándose en actividades lúdicas e de aprendizaxe relacionadas coa temática da prevención.

oreiro_1oreiro_2oreiro_3

 
< Anterior   Seguinte >
banner
banner
banner
banner
 
© 2010 Concello de Negreira. Rúa do Carmen 3 Telf: 981 885 250 - 981 885 550 Fax: 981 885 328 Contacta
Simplifica Our site is valid XHTML 1.0 Transitional