Concello de Negreira

Aumentar tamaño  Disminuir tamaño  Tamaño por defecto  Mapa WEB  Contactar  Galego Castellano 

¡¡Noraboa campións!! Imprimir E-Mail

Image
06/03/10. A escuadra dos benxamíns das Escolas Deportivas de fútbol-sala do Concello de Negreira, acadaba esta semana o título de campións da Liga Escolar dos Concellos de Tambre e Muros, cando aínda restan tres xornadas de competición para rematar a fase regular.

Despois de once partidos, sumaron os 33 puntos en xogo, cunha bagaxe goleadora de 74 dianas a favor, e tan só 13 en contra. A consecución do título de liga chegoulles coa victoria 3-2 no pavillón polideportivo de Pedra Mámoa diante do combinado do Concello de Santa Comba.

O equipo benxamín clasificouse pois para a fase Intercomarcal, onde aspiran a clasificarse para a disputa da fase Provincial.

O combinado alevín, tamén está a participar na Liga Escolar dos Concellos do Tambre e Muros. Na presente xornada lograban unha victoria por 7 goles a 2 fronte ó equipo de Santa Comba.

pdf Benxamíns Fútbol Sala

 
< Anterior   Seguinte >
banner
banner
banner
banner
 
© 2010 Concello de Negreira. Rúa do Carmen 3 Telf: 981 885 250 - 981 885 550 Fax: 981 885 328 Contacta
Simplifica Our site is valid XHTML 1.0 Transitional