Concello de Negreira

Aumentar tamaño  Disminuir tamaño  Tamaño por defecto  Mapa WEB  Contactar  Galego Castellano 

Recuperando as creacións de José María Rey Lourido Imprimir E-Mail

Image
José María Rey Lourido
08/03/10. Membros da Plataforma MÁIS MÚSICA, na idea de seguir creando conciencia sobre a importancia das manifestacións musicais da nosa comarca e querendo dar a coñecer o meritorio labor dos nosos músicos, están levando adiante a recuperación e difusión das composicións de José María Rey Lourido (1905-1984).

Este músico natural da parroquia de Portor (Negreira), deixounos como legado artístico unha interesante obra –ben valorada por diversos musicólogos, a quen se lles pediu a súa opinión sobre o tema–, en forma de partituras manuscritas. Varias delas son inéditas, e outras foran reproducidas en discos ou interpretadas por bandas e orquestras nas décadas centrais do século XX.
 
Despois da recuperación das melodías “Mi guajira” e “Punto cubano” –realizada polo profesor do IES Terra de Xallas, Modesto Refojo en 2007–, continúa agora con este labor de dar a coñecer a música de Rey Lourido o director da Banda de Música Ateneo de Negreira e da Escola Municipal de Música, Raúl Martín Niñerola, recentemente galardoado no ámbito galego pola obra da súa autoría titulada “A revolta Irmandiña”.

 

Raúl Martín está facendo unha labor de copista a partir desas partituras orixinais e creando uns arquivos de audio, por medios informáticos, para a súa difusión en Internet, a través dos sitios web Val de Barcala e Concello de Negreira, así como polas ondas de Radio Negreira.

Adianto

E tamén está a traballar con outras creacións de Rey Lourido, instrumentándoas para incluír no repertorio da Banda Ateneo e facer a súa estrea en vindeiros concertos desta entidade musical. A este respecto Martín Niñerola ten apuntado que “estas pezas poden soar moi ben na banda, porque non é música difícil de tocar, tampouco o é de instrumentar e é moi agradable ó oído”.
 
Como adianto desta tarefa, Raúl Martín ofrécenos a recuperación das composicións de Rey tituladas “Vila de Negreira” (vals) e “Negreira-Santiago” (pasodobre).

  • Vila de Negreira PLAY
  • Negreira-Santiago PLAY
 
< Anterior   Seguinte >
banner
banner
banner
banner
 
© 2010 Concello de Negreira. Rúa do Carmen 3 Telf: 981 885 250 - 981 885 550 Fax: 981 885 328 Contacta
Simplifica Our site is valid XHTML 1.0 Transitional