Concello de Negreira

Aumentar tamaño  Disminuir tamaño  Tamaño por defecto  Mapa WEB  Contactar  Galego Castellano 

Limpeza de troncos nas pontes do río Barcala Imprimir E-Mail

Image
09/03/10. Os operarios do Concello están a retirar os troncos das árbores que obstaculizaban o cauce fluvial do río Barcala nas pontes do Refuxio de Covas e Os Castros, logo de ser arrastrados polas enchentas do duro inverno que levamos padecido no Val de Barcala.

Unha vez que o cauce fluvial baixou de nivel, dende a Alcaldía tomaronse as pertinentes medidas para a limpeza nestas dúas pontes que afectan ó couto de pesca do Barcala, ante o inminente comenzo da temporada de pesca fluvial prevista para o domingo 21 de marzo.

 
< Anterior   Seguinte >
banner
banner
banner
banner
 
© 2010 Concello de Negreira. Rúa do Carmen 3 Telf: 981 885 250 - 981 885 550 Fax: 981 885 328 Contacta
Simplifica Our site is valid XHTML 1.0 Transitional